top of page

XABIER DÍAZ  & ADUFEIRAS DE SALITRE

 

ILLAS DE SAL

Illas de sal, vento do sul

namorastes do seu bailar

namoraron as estrelas

namorou tamén o mar..

Pola maré meu ben querer

pola mare te vexo andare

pola mare te vexo vir

tamén te vexo bailare

Estreliña mariñeira

estreliña mariñeira

dalle luz ao seu bailar,

aluméama na beira.

Bota puntos ao salitre

pequena do meu querer

bota puntos ao salitre

antes que a marea medre.

A nena dos ollos do mar

deitaba o sol no seu bailar

con puntos de namorar.

Marchou o día, sol ó mar

Chegou a lúa sen falar,

ela tamén quer bailar.

b.jpg
Mandolina

A consagración de Xabier Díaz, despois dun disco en solitario, Nova Galega de Danza e Berrogüetto, chegou en 2015 co proxecto Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Trátase dunha nova reinvención coa que alcanza un gran éxito internacional, cun enorme recoñecemento de crítica, público e recibindo un bo número de premios. Esta proposta conta con tres traballos: The Tambourine Man (2015), Noró (2018) e As Catedrais Silenciadas (2020), triloxía personalísima As Adufeiras de Salitre, que acompañan a Xabier,  son un grupo de mulleres vocalistas e percusionistas.

bottom of page