top of page
Mandolina

Guadi Galego


 

 

MATRIARCAS

Comenzan as historias

Con homes encumas

Rematan sempre todas

Mulleres que os salvaron

Da morte do intelecto

De insectos que os picaron

De turbias lendas vellas

Que non queren nen lembrar

E nos pouquiño a pouco

Imonos situando

Construindo barricadas

No pais dos alalas

Nos en corpo e alma

Nos comprando calama

Nos cousa por cousa

Sen podernos despistar

Nos aleitadoras

Nos conquistadoras

Brillantes activistas

Da vida cotian

E nos que resistimos

A seculos de forza

E nos as matriarcas

Do pais dun tal Breogán

COmezan as hisptias

Con homez encumados

Rematan sempre todas

Con homes que os salvaron

Da morte do intelecto

De insectos que os picaron

De turbias lendas vellas

Que non queren nen lembrar

Nos aleeitadoras

Nos conquistadoras

Brillantes activistas

Da vida cotian

E nos que resistimos

A seculos de forza

E nos as matriarcas

Do pais dun tal Breogán

E nos aleitadoras

Nos conquistadoras

Brillantes activistas

Da vida cotián

E nos que resistimos

A sáculos de forza

E nos as matriarcas

Do pais dun tal Breogán

E nos que resistimos

A seculos de forza

E nos as matriarcas

Do pais dun tal Breogán

 

 

VELUTINAS

Sei que ás veces custa comprender

o xeito en que cada mortal

decide andar a sua vida.

Sei que, ás veces, una decisión

convirte o feito máis vulgar

nunha coroa con espiñas.

Pode que a miña determinación

e a tua mala educación

nos salven das velutinas.

Sei que, ás veces, costa admitir

que a elección do máis trivial

impide ver una saida.

Sei que, ás veces, as contradiccións despertan e botan a andar

para buscar a luz de guía.

Pode que a miña determinación

e a tua mala educación

nos salven das velutinas.

A cada paso que das,

a cada chanzo que subo

A cada folla que cae,

vida que ven do inframundo.

E fechas o meu capítulo nun verso.

A resistencia é o regreso

e así comeza una vida nova.

a.jpg

Guadi Galego

Guadalupe Cribeiro Galego (Cedeira1974que comezou moi nova, é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual.

 

En 1997 entra a formar parte de Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos: Urticaria(1999) e Hepta (2001), e 10.0 (2006), calorosamente recibidos pola crítica e merecedores de varios premios.

 

Naquel momento, Guadi xa comezaba a experimentar con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@s (con Abe Rábade y Ugia Pedreira), ambas tamén galardoadas co Premio ao Mellor Disco Galego.

 

Finalmente, en 2009 sae á luz Benzón, album aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira en solitario, sen deixar de participar noutros proxectos.

 

En 2012 únese aos músicos Xabier DíazGuillerme Fernández e Xosé Lois Romero para formar o grupo aCadaCanto. Con eles edita un disco homónimo, e outro en 2013 titulado A rosa d'Adina, no que musicaron versos de Rosalía de Castro. (Premio Martín Códax da Música).

En 2014 publica o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e en 2016 (ano no que acada o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor), sae o terceiro, O mundo está parado. Este disco viaxa do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia, elaborando unha sonoridade envolvente con matices pop que reaparecen no EP Bóla de cristal (2018). Para estos tres traballos, conta coa presenza na produción do xienense Pachi García.

 

En 2015 recibe o Premio da Crítica Galicia na categoría de Música.

 

En 2019 publica Immersion, onde reinterpreta temas dos seus tres discos anteriores cantados en sete linguas peninsulares: galego, catalá, castellano, asturianu, aranés, euskera e portugués. Neste traballo conta coas colaboracións de numerosos artistas: Alex Insua, Judit Neddermann, Clara Peya, Vega, Iván Ferreiro, Silvia Quesada, Alfredo González, Alidé Sans, Javier Otero, Lisandro Aristimuño, Germán Díaz, Mikel Urdangarín, Andrés Suárez, Ana Bacalhau, Abe Rábade, Sisters in the house e Xabier Díaz. Por este traballo, foi galardoada co Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020. Este ano volve recibir o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista en la categoría de Indie/Pop.

 

En novembro de 2020, sae ao mercado e as redes o seu 5º disco en solitario, Costuras.

(https://guadigalego.eu/banda) 

bottom of page