top of page

SES

Tempestades de sal

Nesta terra que fai testamento,
que acolle os lamentos e anima a olvidar,
infectada de sangue usureiro,
caciques modernos, mecenas do mal.
Vivo dentro dun monte de area
tinguido de brea que non limpa o mar,
coa esperanza de tomar alento
para ver o momento de nos libertar.

Mais aínda seguimos aquí
a aturar tempestades de sal,
resistindo a violencia de mans
desas serpes e cans que nos queren calar.
Compañeiras nos soños do Edén,
unha illa no medio do mar,
que iluminan o loito máis negro,
que esquece o desterro e o medo a loitar.

Cando as marcas se gravan a ferro
e a dor e a xenreira non deixan sorrir,
as penurias van alén da fame
falta a identidade que axuda a vivir.
Só se calma o ruído da raiba
coa forza que queima na gorxa ao berrar:
queremos curar a fendedura,
olvidar a tristura e voltar comezar.

Esta nena pequeniña con mirar de feiticeira  (x2)
Ten os ollos e a cariña, ai, da miña compañeira   (x2)
Ten a cara moreniña coma o trigo e o centeo   (x2)
Os dediños de serea e acibeche no cabelo   (x2)
Para que Sariña durma, o papá vaina arrolare   (x2)
Vaille aprender mil cantigas e a mamá vaillas cantare   (x2)
Ailalalalala, ailalalala   (x2)

Cando Sara baila libre, todo o ar baila con ela   (x2)
Dálle o recendo das rosas e a dozura da canela   (x2)
Dálle tamén a frescura do candor e da verdade   (x2)

A vida do manancial máis a riqueza da humildade   (x2)
O calor do amor sincero / e a claridade do viso   (x2)
Dálle melodía e canto e a ledicia do seu riso   (x2)

    E agora que chegaches, ai, Sariña
    fixemos unha peza pequeniña
    con ledicia de río e paz de serra,
    con tambores de mar e voz de terra.
    E traemos unha fervenza de flores
    e un arco de chuvia de mil cores
    e un cantil que te asome ao infinito
    e un océano de apertas e de bicos

     E agora que chegaches...

Con tambores de mar e voz de terra.   (x2)

      E traemos unha fervenza...
      e un océano de apertas e de bicos

       Ailalalala, ailalalala...

Con tambores de mar

Mandolina
bottom of page