top of page

CANTIGAS DE MARTIM CODAX

Mandad´ei comigo

Mandad'ei comigo,
ca ven meu amigo. 
E irei, madr' a Vigo

Comigo'ei mandado, 
ca ven meu amado.
E irei, madr' a Vigo

Ca ven meu amigo 
e ven san' e vivo. 
E irei, madr' a Vigo

Ca ven meu amado 
e ven viv' e sano. 
E irei, madr' a Vigo

Ca ven san' e vivo
e d'el rei amigo
E irei, madr' a Vigo

Ca ven viv' e sano 
e d'el rei privado. 
E irei, madr' a Vigo

  Ai, ondas que eu vim veer  

Ai ondas que eu vin veer,

se me saberedes dizer

por que tarda meu amigo sen min?

 

Ai ondas que eu vin mirar,

se me saberedes contar

por que tarda meu amigo sen min?

Martim Codax

Dúas estrofas sigulares con paralelismo e refrán.

A amiga, fronte ao mar, pregunta preocupada ás augas se saben a causa da tardanza do seu amigo.

 Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?

Ondas do mar levado, 
se vistes meu amado? 
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo, 
o por que eu sospiro? 
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado, 
por que ei gran coidado? 
E ai Deus!, se verra cedo?

Martim Codax

Ondas do mar de Vigo é é unha cantiga de amigo no que a voz poética é unha muller (di de que está esperando ó amigo ou amado, polo tanto está contado desde a perspectiva feminina) que fala do seu amor cara a un home ó que designa coa palabra amigo: “se vistes meu amigo” (v. 5). Na Identificación da cantiga: débense citar todos aqueles datos que permitan demostrar que é unha cantiga de amigo (todo o que se afirme debe estar avalado con exemplos da cantiga)

  • -  Voz poética

  • -  Amor correspondido-ausencia do namorado

  • -  Alusión ó amado como amigo

  • -  Presencia de confidentes, elementos da natureza

  • -  Orixe. Estrutura repetitiva

    Subxénero ( só se aparece): cantiga de romaría, mariña ou barcarola, bailada, alba ou alborada.

    Tema: debemos enuncialo nunha palabra ou frase. Podemos xustificalo baseándonos no que se di no texto.

    Estrutura interna: partes nas que podemos dividir o poema tendo en conta o contido (hai que ter en conta que, como normalmente a cantiga de amigo está construída a partir do paralelismo, as estrofas van aparecer agrupadas de dúas en dúas)

    Estrutura externa:

  • -  Versos arte maior / menor

  • -  Rima: - Se a rima é aguda, chámase macho. Se é grave, chámase femia.

  • -  Cantigas de refrán (aquelas nas que se repite un verso ou versos ó final de cada

    estrofa), cantigas de mestría (non se repite ningún verso). Comentario do contido:

    

Nas cantigas de amigo o amor é correspondido aínda que, na maioría dos poemas, os namorados nunca están xuntos. Normalmente a namorada fala de que espera o amigo, que vén ou vai estar con el... Neste caso a moza está esperando polo seu “amigo” (se vistes meu amigo, v. 2) e amosa inquietude porque o seu namorado tarda.

Nesta cantiga aparecen reflectidas outras dúas características deste tipo de composicións: a importancia da natureza e a presenza de confidentes. No poema estes dous elementos aparecen unidos porque a natureza, representada no mar, é un elemento crucial e, ademais, actúa como confidente da moza, xa que se dirixe a el preguntándolle polo seu amigo.

A cantiga de amigo ten unha orixe autóctona e está inspirada nas cancións populares, que as mulleres recitaban cando facían diferentes tarefas, e que os trobadores imitaron (por esta razón son poemas moi repetitivos xa que estaban pensados para ser recitados) .

O tema da cantiga é a espera do amor xa que a moza está agardando polo seu namorado e pregúntase se tardará moito: ai, Deus, se verrá cedo (refrán).
O contido estrutúrase en dúas partes: a primeira está formada polas dúas primeiras estrofas e a segunda está formada polas dúas últimas. Na primeira parte, a moza diríxese ó mar para preguntarlle se viu ó seu amigo (ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo) Na segunda parte introduce unha novidade: segue preguntando por el pero afirma o amor que sente: suspira por el e sente moita preocupación (o por que eu sospiro, polo que hei gran coidado). Cómpre salientar que esta estrutura é moi común neste tipo de cantigas e débese ó emprego do paralelismo, que agrupa as estrofas de dúas en dúas.

O poema é unha cantiga de amigo pero pertence ó subxénero das mariñas ou barcarolas porque o mar ten unha presenza moi importante no poema.

A cantiga está composta por catro estrofas de dous versos cada unha. Os versos son de sete sílabas e a rima é femia (Vigo-amigo, levado-amado, etc.). O esquema de rima é: aa bb aa bb

Este poema é unha cantiga de refrán xa que, ó final de cada estrofa, se repite o verso: e ai Deus se verra cedo ( este verso é moi importante porque expresa a angustia que sente a moza en relación a se o seu amigo chegará á hora. O feito de que se repita esta idea apórtalle ó poema unha sensación de angustia, xa que continuamente se insiste nas dúbidas da moza).

Na primeira estrofa a namorada pregúntalle ó mar se viu o seu amigo e na segunda estrofa dise o mesmo cunha leve variación: cambia Vigo por levado e amigo por amado. O recurso que emprega é o paralelismo.
O paralelismo fai que a idea que se presenta na primeira estrofa se reitere na segunda: a amada non sabe onde está o seu namorado e pregúntalle ó mar por el (podemos supor que quedaron citados nalgún lugar preto do mar e que el non chega, ou que é mariñeiro pero tarda en regresar a terra. Debido a que se aportan ideas moi xerais podemos facer diversas interpretacións)

Na terceira e cuarta estrofa, o paralelismo fai que se repita a mesma idea: a moza segue preguntando polo amado pero introduce un novo dato: o grande amor que a muller sente polo namorado que non chega ( o por que eu sospiro, por que hei gran coidado)
Outro recurso fundamental é o leixaprén que fai que o segundo verso da primeira estrofa ( se vistes meu amigo) pase a ser o primeiro verso da terceira. O primeiro verso da segunda estrofa

( se vistes meu amado) é o primeiro da cuarta. O leixaprén é un recurso típico da cantiga de amigo e responde, ó igual que o paralelismo, ó carácter popular destas cantigas (como estaban baseadas en cancións populares, estas repetían moito as ideas para que fosen máis doadas de lembrar e recitar)

bottom of page