Quen Santa Maria quiser defender
Como Santa María guareceu o pintor que o démo quiséra matar porque o pintava feo.
1 Quen Santa María quisér defender, 11 A
2 non lle pód' o démo nïún mal fazer. 11 A
3 E dest' un miragre vos quéro contar 11 b
4 de como Santa María quis guardar 11 b
5 un séu pintor que punnava de pintar 11 b
6 ela mui fremos' a todo séu poder. 11 A
Quen Santa María quisér defender...
7 E ao démo mais feo d' outra ren 11 b
8 pintava el sempr'; e o démo porên 11 b
9 lle disse: “Por que me tẽes en desdên,11 b
10 0ou por que me fazes tan mal parecer 11 A
11 a quantos me veen?” E el diss' entôn: 11 b
12 “Esto que ch' éu faço é con gran razôn, 11 b
13 ca tu sempre mal fazes, e do ben non 11 b
14 te quéres per nulla ren entrameter.” 11 A
Quen Santa María quisér defender...
15 Pois est' houve dit', o démo s' assannou 11 b
16 e o pintor fèrament' amẽaçou 11 b
17 de o matar, e carreira lle buscou 11 b
18 per que o fezésse mui cedo morrer. 11 A
Quen Santa María quisér defender...
19 Porend' un día o espreitou alí 11 b
20 u estava pintando, com' aprendí, 11 b
21 a omagen da Virgen, segund' oí, 11 b
22 e punnava de a mui ben compõer, 11 A
23 por que parecesse mui fremos' assaz.11 b
24 Mais entôn o dém', en que todo mal jaz,11 b
25 trouxe tan gran vento como quando faz 11 b
26 mui grandes torvões e que quér chover. 11 A
Quen Santa María quisér defender...
27 Pois aquel vento na igreja entrou, 11 b
28 en quanto o pintor estava deitou 11 b
29 en térra; mais el lóg' a Virgen chamou, 11 b
30 Madre de Déus, que o vẽéss' acorrer. 11 A
Quen Santa María quisér defender...
31 E ela lógo tan tóste ll' acorreu 11 b
32 e fez-lle que eno pinzél se sofreu 11 b
33. con que pintava; e porên non caeu, 11 b
34. nen lle pód' o dém' en ren empeecer. 11 A
Quen Santa María quisér defender...
35 E ao gran son que a madeira fez 11 b
36 vẽéron as gentes lógo dessa vez, 11 b
37 e viron o démo mais negro ca pez 11 b
38 fogir da igreja u s' ía perder. 11 A
Quen Santa María quisér defender...
39 E ar viron com' estava o pintor 11 b
40 colgado do pinzél; e porên loor 11 b
41 déron aa Madre de Nóstro Sennor, 11 b
42 que aos séus quér na gran coita valer. 11 A Quen Santa María quisér defender...
Esta cantiga relata como un pintor de frescos sofre unha caída da escada desde onde está pintando un fresco. A caída desde o alto foi provocada polo demo, quen por verse retratado moi «feo» xera vento e as turbulencias provocan o derrube da escada. Grazas á Virxe, que obra un milagre, o pintor non cae ao baleiro, pois fica suxeito ao teito, colgado do seu pincel. Unha lenda moi ilustrativa dos poderes da Virxe.