top of page

Cantiga do neno na tenda
FEDERICO GARCÍA LORCA

Bos Aires ten unha gaita

sobre do Río da Prata

que a toca o vento do norde

coa súa boca mollada                                            

¡Triste Ramón de Sismundi!

Aló, na rúa Esmeralda,

vasoira que te vasoira

polvos de estantes e caixas.

 

Ao longo das rúas infindas

os galegos paseiaban

soñando un val imposibel

na verde riba da Pampa.

 

¡Triste Ramón de Sismundi!

Sinteu a muiñeira da agoa

mentres sete bois de lúa

pacían na súa lembranza.

 

Foise pra beira do río, 

beira do río da Prata.

Sauces e cabalos múos

creban o vidro das ágoas.

 

Non atopou o xemido

malencónico da gaita,

non  viu o inmenso gaiteiro

coa boca frolida de alas

 

¡Triste Ramón de Sismundi!

beira do río da Prata,

viu na tarde amortecida

vermello muro de lama.

Versións de Amancio Prada,  Luar na Libre (con Adriana Varela), Xoán Rubia e Cristina Fernández.

bottom of page