top of page

Probiña da tola!
Ramón Cabanillas

Non teño parentes

amores nin chouza.

Aldea en aldea,

parroquia en parroquia,

ando polo mundo

arredada e soia.

Xanto cando atopo

cunha almiña boa

que polos seus mortos

bótame de esmola

a cunca do caldo

e o anaco de broa.

Durmo nos camiños

érgome coa aurora,

lávome nas fontes

de crara auga morna,

e as noites que a lúa

loce briladora,

como nun suspiro

paso as horas mortas

mirando para ela,

cantándolle copras:

 

Lúa, lúa branca

como me namoras (bis)

 

Os cans que me ladran,

e os nenos que xogan

tirándome pedras,

chamándome tola,

atraveso veigas,

rubo corredoiras,

e salto valados

cubertos de roxas

espiñas de estripos

e ortigas treidoras

que fírenme a carne

e ráchanme a roupa…

¡a roupa dos probes

que nunca foi nova!

 

A xente do mundo

que di que esta corda

marmura ó toparme:

¡Probiña da tola!

E non é verdade.

¡Abofé… abofé que estou corda!

¡Si a xente soupera!…

Cando camiñando

paso polas hortas

a tempo que a xente

turra da espiocha

ou cava patatas

ou pranta cebolas

sempre hai un que diga:

 

- ¿A ónde vas Rosa?

I eu que nunca quixen

andar con parolas

- ¡Demo de xudío!

¿A ti que che importa?

E, sin mais palique,

vírome de costas;

mais ben me porcato,

facéndome a xorda

que queda decindo:

¡Probiña da tola!

 

O conto é que un fillo

¡bo mozo! da dona

do Pazo da Gándara

andúvolle ás voltas,

¡As cousas do mundo!

O triste da historia

foi que o mozo ó irse

deixouna sen honra.

Eu non me recordo…

¡Bah! ¿Quén se recorda?

Pero eu non acerto

que ten esa historia

que, cando contala

tristeiros escoitan,

namentras eu saio

correndo da horta,

os homes se laian,

e as vellas e as mozas,

co mandil nos ollos,

doloridas choran

decindo en voz baixa:

¡Probiña da tola!

 

A xente do mundo

que di que está corda

marmura ó toparme:

¡Probiña da tola!

E non é verdade.

¡Abofé… abofé que estou corda!

¡Si a xente soupera!…

que non é verdade.

¡Abofé estou corda!

¡Si a xente soupera

que eu vivo na groria!

 

Cando a noite cobre

o pinal de sombras,

dúrmome nun leito

de fiunchos e follas,

e a pouco desperto

e vexo una pomba

que baixa do ceo

voa que revoa,

e ven no meu colo

pousarse, e mimosa,

rúbeseme ó peito,

e bícame na boca,

fálame dos anxes

da Nosa Señora.

 

E todas as noites

ven a branca pomba

e conmigo fala

e conmigo xoga;

ate que alumeando

o pinal a aurora

rube cara o ceo

voa que revoa

 

Por eso me río

cando ¡meigas fora!

a xente do mundo

que di que está corda

marmura ó toparme

¡Probiña da tola!

Captura de pantalla 2021-07-22 a las 0.44.39.jpg

Autor e cantante: Juan Pardo

Cantan: Juan Pardo e Amancio Prada

A tola do monte. Castelao.

bottom of page