top of page

CANTIGAS DE AMIGO

Tres moças cantavam d'amor cantava

Tres moças cantavan d'amor,
mui fremosinhas pastores,
mui coitadas dos amores.
E diss'end'ũa, mia senhor:
    «Dized', amigas, comigo
    o cantar do meu amigo».

Todas tres cantavan mui ben,
come moças namoradas
e dos amores coitadas.
E diss'a por que perço o sén:
    «Dized', amigas, comigo
    o cantar do meu amigo».

Que gran sabor eu havía
de as oír cantar entón!
E prougue-mi de coraçón
quanto mia senhor dizía:
    «Dized', amigas, comigo
    o cantar do meu amigo».

E se as eu máis oísse
a que gran sabor estava!
E que muito me pagava
de como mia senhor disse:
    «Dized', amigas, comigo
    o cantar do meu amigo».

Cantiga de amigo híblida co xénero de amor, pois ten voz masculina e a expresión "mia senhor". coa que denomina a señora do trobador, que noné outra que unha de tres mozas que cantan cantigas de amigo. O trobador que aparece como un observador exterior e non presentido, deléitase con feito de a sua amada pedir ás companheiras para cantar una cantiga da súa autoría.
O xograr se comprace así, nunha referencia autoeloxiosa. 


LOURENÇO: De nome Pero Lourenzo ou Lourenço Eanes. é nomeado nos Cancioneiros como " Lourenço Jograr". Nacido en en Terras de Cornelhá (Portugal) aínda que considerado galego pois se trasladou pronto a Compostela, en cuxa catedral exerceu como organista a mediados do século XIII. Alí aprendeu as artes musicais e o oficio de poeta. ao pouco trasládase a córtea castelá de Alfonso X, onde alcanza fama como un dos autores máis destacados grazas aos seus dotes de improvisación e a calidade das súas composicións. Ao cabo duns anos regresa a Portugal e triunfa na corte do rei Alfonso III, onde obtén un posto honorífico como xograr da corte ao servizo exclusivo do monarca. É autor de dúas cantigas de amor, sete cantigas de amigo, unha cantiga de escarnio e de varias colaboracións con outros xograres da época.

Mandolina
bottom of page