CANTIGAS DE AMIGO
Mia irmana fremosa, treides comigo
Mia irmana fremosa, treides comigo
a la ygreia de Vigo, u e o mar salido.
E miraremos las ondas.
Mia irmana fremosa, treides de grado
a la ygreia de Vigo, u e o mar levado.
E miraremos las ondas.
A la ygreia de Vigo, u e o mar salido,
e verra i mia madre e o meu amigo.
E miraremos las ondas
A la ygreia de Vigo, u e o mar levado,
e verra i mia madre o meu amado
E miraremos las ondas.
GALEGO ACTUAL
Miña irmá hermosa, vente comigo / á igrexa de Vigo onde está o mar embravecido / e miraremos as ondas.
Miña irmá fremosa, vente de bo grado / á igrexa de Vigo / onde está o mar encrespado / e miraremos. nas ondas.
Á igrexa de Vigo / onde está o mar embravecido / alí virá, miña nai, o meu amigo / e miraremos as ondas.
Á igrexa de Vigo / onde está o mar encrespado / alí virá, miña nai, o meu amado / e miraremos as ondas.
A doncela invita a súa bela irmá a iren ao santuario de Vigo, onde o mar é bravo, para ollaren as ondas. En realidade, como se ve nas dúas últimas estrofas, iso é un pretexto para estar co seu amigo, que tamén irá (como confesa, dirixíndose finalmente á nai). Nótese como o refrán, manténdose inalterado, gaña, nesas estrofas finais, outro sentido, máis ambiguo (simbolismo erótico).
De Codax non sabemos nada, só que foi compositor e xograr.
O Pergamiño Vindel, é unha xoia de finais do século XIII (ou principios do XIV?), que reúne sete cantigas de amigo do xograr Martín Codax. É o testemuño máis antigo da lírica trovadoresca galego-portuguesa e o único documento coas cantigas de Codax musicadas”. O ‘Pergamiño Vindel’ é un manuscrito feito por cinco persoas. O Pergamiño Vindel, moi ben conservado, é unha obra de cinco mans. “Dous copistas escribiron as letras das cantigas dn tinta negra, dous rubricadores puxeron as maiúsculas, coloreadas, e trazaron os pentagramas. Logo, un músico reproduciu as notas musicais. A fins do século XIII este tipo de poesía xa non estaba en boga, pero había que deixar testemuño da súa existencia. En 1914, o libreiro e anticuario Pedro Vindel atopou o códice en Madrid como parte dun manuscrito na guarda interior dun libro sobre Ciceron, do siglo XVIII, Vindel, analfabeto ata os 20 anos, montou un negocio de compravenda de libros no Rastro. despois de varias vicisitudes foi vendido en Londres. Áchase na Morgan Library and Museum de Nova York desde os anos setenta e só veu a Galicia para unha exposición no Museo do Mar de Galicia (Vigo).
A súa música constitúe, xunto coas sete cantigas de amor de Don Denís, achadas no Pergamiño Sharrer, as únicas mostras que se atoparon até agora da canción profana galaico-portuguesa. A música das cantigas está escrita en notación cadrada, con ligaduras moi similares ás Cantigas de Santa María. O descubrimento do pergamiño veu confirmar a hipótese da existencia de follas volantes, co texto e a música das cantigas, que eran entregadas polos trobadores aos xograres para a súa interpretación.
Esas cantigas de amigo son pezas breves nas que unha muller canta os seus sentimentos na ría de Vigo.