top of page

O que da guerra levou cavaleiros

O que da guerra levou cavaleiros
e a sa terra foi guardar cavalos,
    non ven al maio.

O que da guerra se foi con maldade
e a sa terra foi comprar herdade,
    non ven al maio.

O que da guerra se foi con nemiga,
pero non veo quand'é preitesía,
    non ven al maio.

O que tragía o pano de linho,
pero non veo polo San Martinho,
    non ven al maio.

O que tragía o pendón en quiço
e non ten de seu padre o viço,
    non ven al maio.

O que tragía o pendón sen oito
e a sa gente non dava pan coito,
    non ven al maio.

O que tragía o pendón sen sete
e cinta ancha e mui gran topete,
    non ven al maio.

O que tragía o pendón sen tenda,
per quant'agora sei de sa fazenda,
    non ven al maio.

O que se foi con medo dos martinhos
e a sa terra foi bever-los vinhos,
    non ven al maio.

O que, con medo, fugiu da fronteira,
pero tragía pendón sen caldeira,
    non ven al maio.

O que ar roubou os mouros malditos
e a sa terra foi roubar cabritos,
    non ven al maio.

O que da guerra se foi con espanto
e a sa terra ar foi armar manto,
    non ven al maio.

O que da guerra se foi con gran medo
contra sa terra, espargendo vedo,
    non ven al maio.

O que tragía pendón de cadarço,
macar non veo eno mes de março,
    non ven al maio.

O que da guerra foi per retraúdo,
macar en Burgos fez pintar escudo,
    non ven al maio.

Cantiga que ten como motivo a crítica do comportamento dos cabaleiros nas campañas da Andalucía. O tema é semellante ao que encontramos noutras cantigas deste ciclo: quem non combateu, non pode vir á festa, aquí ás festas de Maio, os maios.  Maio era tamén o mes do descanso das tropas para os combates da primavera e do verán, o que explica o xogo de palabras que constrúe a cantiga. 
Todo indica que esta longa sátira teriá sido composta no contexto da revolta nobiliar contra Afonso X, entre 1272 e 1274, ou sexa, cando un numeroso grupo de ricos-homes e cavaleiros, liderados por D. Nuno de Lara e D. Lopo Díaz de Haro, entrou en conflito co rei, acabando mesmo por se aliar ao rei musulmán de Granada. O momento coincide con novos ataques musulmáns á fronteira andaluza desde o Norte de África, e coa recusa dos mesmos ricos-homens de se xuntarem á hoste real qpreparada para os combater - e isto a pesar de que o rei xa cubrirá parte dos pagamentos. 
Moitos pasos da cantiga son de difícil interpretación, polas dificuldades de leitura  e polas escuras alusións, moitas das cales se nos escapan.

bottom of page