top of page
Dille que sospiro
Páxaro que vas volando
por riba d’aquel convento.
Toma, levall’esta carta
o meu amor que está dentro.
Dille que sospiro e choro
dille que vivo morrendo
dille que se compadeza
do mal que estou padecendo
Co cariño non hai chanzas, porqu'o cariño è ladron: entroum'un día n'a casa; rouboum'o meu corazon.
O meu corazón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.
Dille que sospiro e choro
dille que vivo morrendo.
Ahí tes o meu corazón,
si o queres matar ben podes,
pero como estás dentro,
tamén si o matas, morres.
bottom of page