top of page
Mandolina

TANXUGUEIRAS


 

Fago todo o que eu quero

E o que me sae de dentro

Non preciso de ninguén

Que eu mesma xa me chego

 

Son muller forte e libre

Non hai ninguén que mo negue

E se alguén o intentara

Que mala febre o leve

 

Eu e máis vós compañeiras

Eu e máis vós camaradas

Cantamos e arruamos

Facemo-la foliada

 

Son muller forte e libre

Non hai ninguén que mo negue

E se alguén o intentara

Que mala febre o leve

Que mala febre o leve

Ai lalalá, ai lalá 

 

O cantar é das solteiras

O cantar é das solteiras

Tamén che é das casadas

Cando son foliaderas 

 

Son muller forte e libre

Non hai ninguén que mo negue

E se alguén o intentara

Que mala febre o leve

 

Vivamos nós as mulleres

Berremos todas ben alto

Que viva a nosa fala

Q que viva o noso canto

 

Son muller forte e libre

Non hai ninguén que mo negue

E se alguén o intentara

Que mala febre o leve

Que mala febre o leve

Ai lalalá, ai lalá

https://lyricstranslate.com

QUE NON MO NEGUEN


 

bottom of page