top of page

CANTIGAS DE AMIGO

Fui eu. madre, en romaria

JOHAM DE REQUEIXO

Fui eu, madr', en romaria

a Faro con meu amigo
e venho d' el namorada

por quanto falou comigo.

ca mi xurou que morria

por mi; tal ben mi quería!

Leda venho da ermida

e d' esta vez leda serei,
ca falei con meu amigo,

que sempre [muito] desexei,

ca mi xurou que morria

por mi; tal ben mi quería!

Du m' eu vi con meu amigo

vin leda, se Deus mi perdón,
ca nunca lhi cuid' a mentir

por quanto m'ele diss' enton,

ca mi xurou que morria

por mi; tal ben mi quería!
 

Primeira das cinco únicas cantigas de Johán de Requeixo (fins do século XIII?) que nos chegaron, todas tendo como escenario a ermida de Santa Maria de Faro. Na sequencia em que son transcritas nos cancioneiros, parecen desenvolver un pequeno ciclo narrativo.

 

Neste primeira, a doncela regresa dunha romaría a esa ermida e confesa á nai a súa alegría por ter estado co seu amigo e polas promesas de amor que oíu da súa boca, e que ela acredita seren verdadeiras.

Mandolina
bottom of page