CANTIGAS DE AMIGO
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.
Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d’ estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d’estas avelanas
verrá bailar.
Por Deus, ai amigas, mentr’ al non fazemos
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.
Cantiga de Amigo. SUBXÉNERO: BAILADA.
Tres cobras singulares con refrán de tres versos e paralelismo.
Esta é a "bailada das aveleiras", árbores asociadas, en moitas culturas antigas, a ritos nupciais (ou sexa, cun valor simbólico semellante ao das flores de laranxeira actuais). Entorno natural, primaveral (Locuas amoenus).
Chama atención a pícara expresión mentr´al nom fazemos (v. 13).
Temos outra versión desta cantiga (sen a terceira estrofa), da autoría de Joab Zorro, Bailemos agora, por Deus, ai velidas. Parece que foi Airas Nunes quen retomou a composición de Zorro, pero tamén é posible que os dous a romasen dunha canción tradicional.