top of page
a.jpg
Mandolina

A visa contemplativa
SOFÍA ESPIÑEIRA

Vivo nunha burbulla de xabón

que flota nas alturas

e non logra pisar terra firme.

Xira entre as nubes de cor violeta

cando o sol marchou e a lúa sube.

E pregúntome cando parará

esta viaxe que non volve,

vai que ascende sen querer baixar

E pregúntome ás veces se o flotar

é natural ou é, sen máis, un modo de escapar...

...Hoxe da igual

Un café con canela ao mediodía

un cigarro máis para esfumarme

Unhas raiolas de sol

Quizáis un toque de guitarra, unha canción

E o tempo escorrégame dos dedos

sen dicirme que pasou

hoxe cansouse de avisar co seu tic tac

e xa marchou do seu corpo hermético

de brazos de metal

Ahh..pra non esquecer

escribo outra lista de cousas que facer

moito máis linda e ordenada

que a que aínda non tachei

E repítome mañá comezarei

e mañá era hoxe, non me decatei

E repítome mañá comezarei

e mañá era hoxe non me decatei

Ai...a vida contemplativa

Ai...burbulla de xabón

Ai...a vida contemplativa

Que me embruxa, que me embriaga,

que me namora, que me alporiza!

...Hoxe da igual

Un paseo polo parque, una fala, un avión

unha cometa no ceo, flores naquel balcón

E miro as estrelas cando non está Lorenzo

alumando o meu sillón

E a lúa xa volve encher, xa foi

pasou un mes, xa cambiou a estación

E eu sigo aquí...sempre coa mesma canción

Ahh..pra non esquecer

escribo outra lista de cousas que facer

moito máis linda e ordenada

que a que aínda non tachei

E repítome mañá comezarei

e mañá era hoxe, non me decatei

E repítome mañá comezarei

e mañá era hoxe non me decatei

Ai...a vida contemplativa

Ai...burbulla de xabón

Ai...a vida contemplativa

Que me embruxa, que me embriaga,

que me namora, que me alporiza!...

E repítome mañá comezarei

e mañá era hoxe, non me decatei.

Sofía Espiñeira López, cantautora galega, comeza no espectáculo cando estaba a finalizar os seus estudos de xornalismo, formándose en danza e técnicas circense. Máis tarde introdúcese no mundo do teatro da man da compañía Titereficciós e desde 2010 participa en proxectos de danza, circo e teatro.

Sofía foi gañadora do Certame da Canción de Autor do Concello de Teo en 2015, o que lle permite lanzar o seu primeiro traballo discográfico " Alá onde agroman as herbas", integrado por nove temas que relatan momentos e sentimentos.

bottom of page