top of page

A serea e o mariñeiro

Xoel López

Ela chegou como un soño (Como un soño ela chegou)

Entre a escuma das ondas (Como un soño ela chegou)

Atraída por un ronsel (Como un soño ela chegou)

Dun veleiro bergantín

Aínda que nada esperaba (Como un soño ela chegou)

Daquel triste mariñeiro (Como un soño ela chegou)

Certo é que non había (Como un soño ela chegou)

Un lugar mellor para onde ir

 

Debes regresar

Antes de que desaparezan as estrelas

Onde nacen os cantares das sereas

E os homes nunca poderán chegar

Aínda que o primeiro canto (Como un soño ela chegou)

Foi un canto desafinado (Como un soño ela chegou)

Tornou a súa cama fría (Como un soño ela chegou)

Nun gran cántaro de luz

 

Debes regresar

Antes de que desaparezan as estrelas

Onde nacen os cantares das sereas

E os homes nunca poderán chegar

Ela chegou como un soño (Como un soño ela chegou)

Entre a escuma das ondas (Como un soño ela chegou)

Onde nacen os cantares das sereas

E os homes nunca poderán chegar

(Como un soño ela chegou x 4)

Veño ou vou

Xoel López

Cando as palmeiras
Xa bailen coas estrelas
E xa na praia
Escoites as ondas murmurar

Durme, durme
Durme meu meniño
Durme, durme
Durme meu ben

Cando as anduriñas
Xa bailen cos morcegos
E xa na rúa
As máquinas deixen de soar

Durme, durme
Durme meu meniño
Durme, durme
Durme meu ben

E cando choren as xanelas
Eu virei para te cantar
Ao son das bágoas do ceo
Que che veñen arrolar

Cando na noite
As feras deixen de bruar
Durme, durme
Durme meu meniño
Durme, durme Durme ata mañá 

Durme

Xoel López

Teño un rato que non roe
E unha pita que non pon
Teño as ovellas no monte
E unha codia no serón
E unha codia no serón
E unha pita que non pon
Teño unha vaca amarela
E unha rá de san Antón

Non sei se veño ou vou, non sei quen me levou
Non sei se vou ou veño, non sei, non sei que teño

Non sei se veño ou vou, non sei quen me levou
Non sei se vou ou veño, non sei, non sei que teño

Estou tirada na rúa
Estou como unha meniña
Estou tirada no chan
Pero non é culpa miña
Pero non e culpa minha
Que é dun mozo lacazán
Estou tirada na rúa
Estou tirada no chan

Non sei se veño ou vou, non sei quen me levou
Non sei se vou ou veño, non sei, non sei que teño

Non sei se veño ou vou, non sei quen me levou
Non sei se vou ou veño, non sei, non sei que teño

Por non saber non sei lembrar
Xa me esquecín do teu ollar
Do teu ollar, da tua veira
Mellor ca ti baila calqueira 

Serpes

Xoel López

Serpes! Serpes!
Vinde a min
Levádeme ós bosques verdes da miña infancia

Vinde! Vinde!
Vinde onda min
E acende o musgo eterno de meu sangue

Quero sentir
Quero sentir
Aquela mordida de infinita saudade

Berra! Berra!
Berra para min

Cereixa da miña árbore primeira
Voa! Voa!
Pedra sen fin
E racha con todos, todos, tódolos segredos

Quero sentir
Quero sentir
Aquela mordida de infinita saudade

Ruxe! Río túrbido e senil
Lesma negra que se espalla
De perfecta soidade

Serpes serpes serpes

Levádeme sempre! Serpes!
Vinde onda min! 

Mandolina
bottom of page