top of page
Mandolina

LUAR NA LUBRE


 

 

Madrugada, o porto adormeceu, amor,
A lúa abanea sobre as ondas
Piso espellos antes de que saia o sol
Na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
Cando rompa a luz nos cons,
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar,
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
Levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
As redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
Para ofrecerllas ao Patrón:
Quererán pechar cunhas moedas, quizais,
Os teus ollos abertos sobre o mar,
Quererán pechar cunhas moedas, quizais,
Os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto despertou, amor,
O reloxo do bar quedou varado
Na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
Cando rompa a luz nos cons
Porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
Non nos afundiremos nunca máis
Que na túa memoria xa non hai volta atrás:
Non nos humillaredes NUNCA MÁIS.

memoria da noite


 

Música: Bieito Romero. Letra: Jose Benito Romero Copo.

Hai un paraíso
 

(Marcha dos Pelegríns)

Hai un paraiso nos confíns da terra,
Hai un paraiso ao que guian as estrelas.
Hai un paraiso nos confíns da terra ,
Hai un paraiso ao q guian as estrelas.

Por sete camiños chegan ata aquí
Por sete camiños, son os pelegríns...

Hai un paraiso nos confíns da terra,
E a cidade santa chamase Compostela.
Hai un paradiso nos confíns da terra
E a cidade santa chamase Compostela....

Por sete camiños chegan ata aquí,
Por sete camiños, son os pelegríns...

Meu Señor Santiago que estás en Galicia
Dende todo o mundo veñen con ledicia....

bottom of page