top of page

CANTIGAS DE AMIGO

Quantas sabedes amar amigo 

Quantas sabedes amar amigo 
treides comig' a lo mar de Vigo. 
E bannar nos emos nas ondas!

Quantas sabedes d´amor amado, 
treides comig' a lo mar levado. 
E bannar nos emos nas ondas!

Treides comig' a lo mar de Vigo 
e veeremos lo meu amigo. 
E bannar nos emos nas ondas!

Treides comig' a lo mar levado 
e veeremo' lo meu amado. 
E bannar nos emos nas ondas!

 

GALEGO ACTUAL 
Cantas sabedes amar un amigo / vide comigo ao mar de Vigo. 
E bañarémonos nas ondas!
Cantas sabedes de amor amado,  / vide comigo ao mar picado
E bañarémonos nas ondas!
Vide comigo ao mar de Vigo.  / e veremos o meu amigo
E bañarémonos nas ondas!
Vide comigo ao mar picado / e veremos o meu amado

E bañarémonos nas ondas!

A doncela incita a todas as compañeiras namoradas a iren até á beira do mar de Vigo, onde se bañarán. Alí verán o seu amigo (e o seu amigo as verá a elas).

 

O baño ritual, baixo un ollar masculino, é un momento erótico por excelencia, coñecido de todas as sociedades tradicionais (e contemporáneas).

Versións musicadas da soprano alemá Almara (Lisa Pawelke), o grupo  Luar Na Lubre, o cantautor norteamericano Owain Phyfe, xa falecido, e o músico tamén norteamericano,  Bryan Kay, 

a.jpg
Mandolina

O Pergamiño Vindel, é unha xoia de finais do século XIII (ou principios do XIV?), que reúne sete cantigas de amigo do xograr Martín Codax. É o testemuño máis antigo da lírica trovadoresca galego-portuguesa e o único documento coas cantigas de Codax musicadas”. O ‘Pergamiño Vindel’ é un manuscrito feito por cinco persoas. O Pergamiño Vindel, moi ben conservado, é unha obra de cinco mans. “Dous copistas escribiron as letras das cantigas dn tinta negra, dous rubricadores puxeron as maiúsculas, coloreadas, e trazaron os pentagramas. Logo, un músico reproduciu as notas musicais. A fins do século XIII este tipo de poesía xa non estaba en boga, pero había que deixar testemuño da súa existencia. En 1914, o libreiro e anticuario Pedro Vindel atopou o códice en Madrid como parte dun manuscrito na guarda interior dun libro sobre Ciceron, do siglo XVIII, Vindel, analfabeto ata os 20 anos, montou un negocio de compravenda de libros no Rastro. despois de varias vicisitudes foi vendido en Londres. Áchase na Morgan Library and Museum de Nova York desde os anos setenta e só veu a Galicia para unha exposición no Museo do Mar de Galicia (Vigo).

A súa música constitúe, xunto coas sete cantigas de amor de Don Denís, achadas no Pergamiño Sharrer, as únicas mostras que se atoparon até agora da canción profana galaico-portuguesa. A música das cantigas está escrita en notación cadrada, con ligaduras moi similares ás Cantigas de Santa María. O descubrimento do pergamiño veu confirmar a hipótese da existencia de follas volantes, co texto e a música das cantigas, que eran entregadas polos trobadores aos xograres para a súa interpretación.

Esas cantigas de amigo son pezas breves nas que unha muller canta os seus sentimentos na ría de Vigo. 

bottom of page