top of page

Porque no mundo minguou a verdade
AIRAS NUNES

Porque no mundo mengou a verdade 
punhei un dia de a ir buscar, 
e u por ela fui a preguntar 
disseron todos: “Alhur la buscade, 
ca de tal guisa se foi a perder 
que non podemos én novas aver, 
nen ja non anda na irmaidade ”.

 

Nos moesteiros dos frades negrados 
a demandei, e disseron-m’ assi: 
“Non busquedes vós a verdad’ aqui 
ca muitos anos avemos passados 
que non morou nosco, per bõa fe,
e d’ al avemos maiores coidados ”.

 

E en Cistel, u verdade soía 
sempre morar, disseron-me que non 
morava i avia gran sazon, 
nen frade d’ i ja a non conhocia; 
nen o abade outrossi no estar 
sol non queria que foss’ i pousar 
e anda ja fora desta badia .

 

En Santiago, seend’ albergado 
en mia pousada, chegaron romeus; 
preguntei-os e disseron: “Par Deus, 
muito levade-lo caminh’ errado, 
ca se verdade quiserdes achar 
outro caminho conven a buscar, 
ca non saben aqui d’ ela mandado”.

----------------------------------------------------------------------------------

Sirvéntes moral, cantiga de escarnio próxima ao sirventés provenzal, por desenvolver unha crítica de carácter xeral dirixida á decadencia moral do clero, en contraste coa sátira personalizada, preferida polos trobadores galego-portugueses.

O poeta represéntase como andando á procura da Verdade, que tanto minguou no mundo. Vaia onde vaia á súa procura sempre lle responden que a busque noutra parte. Nos mosteiros dos frades bieitos (beneditinos), cuxo hábito é negro, dixéronlle: “Non a busquedes aqui, pois hai moito que non mora connosco e temos máis en que pensar”. E na orde do Cister, onde a Verdade tiña por costume morar, dixéronlle que non vivía alí había xa tempo, os frades non a coñecían nin o abade quería que pousase naquela abadía. Estando albergado en Santiago de Compostela, os peregrinos tamén lle confirmaron que seguía camiño moi equivocado, pois alí non tiñan dela noticia. Tiñan que buscar noutro "camiño".

bottom of page