top of page

Manual para deprender a señorito
MANUEL MARÍA

Aínda que un non sexa moi bonito
non é difícil chegar a señorito.
Primeiro hai que odiar ó comunismo
e pensar somentes en un mismo,
non facerlle moito caso ós pais
e ter certo desprecio prós demais.
Hai que ter en conta o que convén,
adquirir modales finos,
codearse só con “xente ben”,
aproveitados, cucos e cretinos,
ser socio de tódolos casinos,
mercar sempre autos deportivos
e traxes e corbatas elegantes,
coñecer toda clas de aperitivos,
saberse comportar nos restaurantes,
distinguir os wiskis ó cheiralos,
entender de bridge e de canasta,
de golf, de tenis e cabalos,
non alternar con xente doutra casta.
Tamén é comenente ter querida,
xantar e cear sempre ás deshoras,
abusar o que se poida da bebida
e ser moi galante coas señoras.
Non falar galego endexamais
(é idioma do pobo, moi vulgar),
vivir do que súan os demais,
¡e denantes morrer que traballar!

bottom of page