top of page

CANTIGAS DE AMIGO

  Sediam'eu na ermida de San Simón  

Sedia-m'eu na ermida de San Simion,
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
      Eu atendend'o meu amigo!
      Eu atendend'o meu amigo!
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
      Eu atendend'o meu amigo!
      Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas, que grandes son;
non ei i barqueiro nen remador.
      Eu atendend'o meu amigo!
      Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas do alto mar;
non ei i barqueiro, nen sei remar.
      Eu atendend'o meu amigo! 
      Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei, fremosa, no mar maior.
      Eu atendend'o meu amigo! 
      Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei, fremosa, no alto mar.
      Eu atendend'o meu amigo!
      Eu atendend'o meu amigo!

Giuseppe Tavani e, con el, moitos estudosos propoñen outra interpretación do refrán:

Eu atendend´o meu amigu'! E verrá?

Autor: Mendiño. Descoñecido, seguramente xograr vigués. O nome é diminutivo do antropónimo Mendo (<Menendo < MENENDUS) ou do topónimo (Mendo, Teis, término municipal de Vigo).

Unha das máis célebres cantigas de amigo. Mariña.

Estrutura tradicional con paralelismo, refrán e leixaprén.

Aliteración de nasais.

Literalmente: na ermida de S. Simion, a moza esperaba o seu amigo, que tardaba a chegar; subindo entretanto a marea, vese cercada polas ondas e teme morrer, pois non ten barqueiro para a socorrer, non sabe remar. 

 

Neste misterioso Mendiño -o mar da ría é manso- hai misterios. 

No proceso psíquico da rapariga, o refrán, que segue ao dístico monorrimo de cada estrofa ( Eu atendendo meu amigo. E verrá?) é anterior cronoloxicamente á «acción»: estaba a agardar ao seu amigo cando lle acometeu o mar da súa dúbida amorosa (cercáronmi as ondas, que grandes son). Entón entoa o seu monólogo de angustia in crescente  Pero a quen se dirixe? Non confía os seus cuitas á nai —como ocorre en tantas kharxas ou cancións de amigo—, nin a unha confidente, nin a un santo ou santa do altar da ermida: diríxese ao borrascoso océano de si mesma, ao mar infinito do amor nun monólogo lírico/tráxico que expresa a soidade radical, que pide compañía a un ben querido e perdido ou que se rende con entrega e pavor ao seu infinitud. A estes estados chamamos precisamente morriña e saudade. Unha require compañía de algo ou alguén ausente; a outra constitúe unha entrega a un infinito ou absoluto, do que o saudoso faise refén. Hai acenos de identidade ocasionais e políticos (celtismo, priscilianismo, feminismo...)

bottom of page