A raíz do toxo verde
A raíz do toxo verde,
E moi mala de arrincar-e.
Os amoriños primeiros,
Son moi malos de olvidar-e,
Ai lara lala, ai lara lala,
Ai lara lala, ai lara lala laira.
Sei de un niño de un carrizo,
Na cabeza de un repolo.
Deron as mozas con el,
Levaron caños de todo.
Ai lara lala, ai lara lala,
Unha vella díxolle a outra,
Polo burato da porta.
Ti goberna a túa vida,
Que a miña nada che importa.
Ai lara lala, ai lara lala,
A miña muller morreume,
Enterreina no palleiro.
Deixeille un brazo de fora,
Pra que tocara o pandeiro.
Ai lara lala, ai lara lala,
Miña nai e mais la túa,
Quedan no río berrando.
Por culpa de unha galiña,
Que ten amores co galo.
Ai lara lala, ai lara lala,
Nena que vendes as peras,
Cantas che mandaron dar-e.
Para ti meu queridiño,
Non más mandaron contar-e.
Ai lara lala, ai lara lala,
Está noite e mais la outra,
E mais la outra pasada.
Abalei unha pereira,
Que nunca fora a balada,
Ai lara lala, ai lara lala,
Ai lara lala, ai lara lala laira.