top of page

E pousa, pousa...

Fun a taberna do meu compadre,

fun polo vento e vin polo aire (x2)

e como é cousa de encantamento

fun polo aire, vin polo vento (x2)

 

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa, pousa axiña

e non me toques naquela cousiña. (x2)

 

Murmuraban as miñas veciñas que eu andaba co crego nas viñas (x2)

Iso é verdade, eu non o nego que eu andiven ás loitas co crego (x2)

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa, pousa axiña

e non me toques naquela cousiña. (x2)

 

Cando me case xa teño un galo,

xa miña nai non me ten que dalo. (x2) Cando me case xa teño un polo

xa miña nai non me ten que dar todo. (x2)

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa, pousa axiña

e non me toques naquela cousiña. (x2)

A miña casa non quero que veñas,

sempre me fodes e nunca me empreñas;

non sei si non sabes, seica non podes, 

seica perdiches as habilidades,

 

E pousa, pousa...

bottom of page