top of page

EDUARDO PONDAL

Castaños de Dormeá

Castaños de Dormeá,

os de corpo ven comprido,

de graciosa estatura,

sobrados e ben seguidos:

ouh!, castaños, semellantes

ós celtas nosos antigos;

a quen as edras demostran

amor, con abrazo amigo:

os arrebatados ventos

do mes bretemoso e frío

de Xaneiro, entre vós fungan

dando doentes suspiros:

e o musgo dos vosos gallos,

ermos e desgornecidos;

ó impulso das duras ráfagas

vai lonxe caír rompido.

Cando xuntos nos criamos

era outro tempo, e o recinto

da vosa inda corta sombra

non era grande; meniño

daba eu tanta coma vos,

no doce prado nativo.

Por fin, na nosa vellez,

despois do bo tempo ido,

xuntos volvemos a vernos

mais con diferente destino.

Pois o embalsamado sopro

do temprado e novo estío

ás vosas erguidas frentes

volverá, doce e garrido,

coa verde e leda pompa,
o nobre esplendor perdido.

Mais á cabeza do bardo,

de pesar escurecido,
coa alegre primavera
non volve o verdor antigo;

nin retorna ao corazón

o doce amor que foi ido".

 

− Así dicía Lugar,
entre mil o distinguido,
que despois de longa

ausencia ao eido volvía nativo:
mais con todo, anque era forte,

ao ver o seu niño antigo

nubróuselle a fronte, e os ollos

recias bágoas lle cubriron.

Música, guitarra, voz e coros: NACHO MORA

Guitarra: Xel Pereda

Baixo: Luis Rodirguez

Bateria: Manuel Molina

Piano: Abraham Boba 

a.jpg

O bargo Lugar, despois de longa ausencia, regresa aos eidos nativos e dialoga saudoso cos castiñeiros amigos.

bottom of page