top of page

Cantigas de amor

O que vos nunca cuidei a dizer
D. DINÍS

O que vos nunca cuidei a dizer,

con gran coita, senhor, vo-lo direi

porque me vejo ja por vós morrer,

ca sabedes que nunca vos falei

de como me matava voss’amor,

ca sabe Deus ben que d’outra senhor

que eu non avia mi vos chamei.

 

E tod[o] aquesto mi fez fazer

o mui gran medo que eu de vós ei,

e des i por vos dar a entender

que por outra morria, de que ei,

ben sabe Deus, mui pequeno pavor;

e des oimais, fremosa mia senhor,

se me matardes, ben vo-lo busquei.

 

E creede que av[er]ei prazer

de me matardes, pois eu certo sei

que, esso pouco que ei de vive[r],

que nen un prazer nunca veerei;

e, porque soo desto sabedor,

se mi quiserdes dar morte, senhor,

por gran mercee vo-lo [eu] terrei.

Paráfrase

(I) O que nunca vos pensei dicir, con gran coita, senhor, volo direi, porque me vexo xa morrer por vós, pois sabedes que nunca vos falei de como me mataba o amor por vós, pois ben sabe Deus que eu ante vós me fixen pasar por (servidor) doutra senhor que non tiña por tal.

(II) E todo isto me fixo facer o moi gran medo que eu teño de vós, e tamén por vos dar a entender que eu morría de amor por outra, de quen teño, ben o sabe Deus, moi pouco temor; e de aquí en diante, miña fermosa senhor, se me matades, ben o busquei.

(III) E crede que serei gozoso se me matardes, pois sei con certeza que, nese pouco tempo que hei de vivir, non verei nunca ningún gozo; e, porque sei isto ben, se me quixerdes dar morte, senhor, teréivolo eu por un gran favor.

Cantiga deí constituída por tres cobras unisonantes e unha finda. Rima macho. Palavra(s)-rima: (v. 6 de cada estrofe) senhor . Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b 

O trobador sente morrer de amor e confesa à sua senhor  o que nunca lle pensou dicir: que cando lle deu a entender que gestaba namorado doutra (que non existe) so esbaba mentindo, por medo dela. Agora considera que, se ela o mata, será xusto. Unha morte que até lle dará pracer, porque acabará co seu sufrimento.

Aparecen así todos os campos sémicos característicos do xénero da cantiga de amor: amor do poeta, coita de amor, morte por amor e loanza da dama ("fremosa").

bottom of page