Santa María, estrela do día
Esta é de loor.
Santa Maria,
Strela do dia,
mostra-nos via
pera Deus e nos guia.
Ca veer faze-los errados
que perder foran per pecados
entender de que mui culpados
son; mais per ti son perdõados
da ousadia
que lles fazia
fazer folia
mais que non deveria.
Santa Maria...
Amostrar-nos deves carreira
por gãar en toda meneira
a sen par luz e verdadeira
que tu dar-nos podes senlleira;
ca Deus a ti a
outrorgaria
e a querria
por ti dar e daria.
Santa Maria...
Guiar ben pod'o teu siso
mais ca ren pera perayso
u Deus ten sempre goy'e riso
pora quen en el creer quiso;
e prazer-m-ia
se te prazia
que foss'a mia
alm'en tal compannia.
Santa Maria...
Santa María, Strela do día” é unha cantiga lírica. Ademais de ser unha loa á Virxe é, como unha oración, isto é, unha súplica, expresada en 1ª persoa, primeiro en singular e logo en plural, á que poden sumarse todos aqueles que a canten.
A razón -ou refrán-, que se repite intercaladamente coas copras, desenvolven o motivo e favorece a participación coral do público.
PARTITURA
AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA
Esta magna compilación literario-musical, das máis importantes de toda a Idade Media, está formada por unha colección de poemas musicados que narran distintas historias tomadas de deversas fontes e das que circulaban na fala da xente. nas que se manifestaban miragres da Virxe María que incitaban á devoción (cantigas narrativas) e se loaba a Virxe como nas cantigas profanas (cantigas líricas ou de loor). Estes poemas organízanse en grupos de dez, dos que nove eran narrativas ou de miragres e o décimo eran líricas ou de loor (encomio á Virxe)